A profesión de guía turístico queda regulada por Decreto

O Consello da Xunta aprobou o texto do proxecto do Decreto polo que se regulará a profesión de guía de Turismo de Galicia, para os efectos do seu sometemento ao ditame do Consello Consultivo. Entre as principais novidades cómpre sinalar que se introduce o procedemento de habilitación directa baseada na posesión de determinados títulos, sen necesidade da superación de probas específicas.

Así mesmo, mediante este nova normativa, a habilitación adquire unha duración indefinida que xa non precisa da súa validación cada cinco anos. No que se refire á prestación de servizos ou ao establecemento e ao posible recoñecemento de cualificacións profesionais, establece réximes distintos segundo a procedencia do guía de turismo, diferenciando se procede doutra comunidade autónoma, da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou dun país terceiro.

Ademais, o novo proxecto de decreto amplía o ámbito de aplicación da norma, que comprende tanto a liberdade de prestación de servizos como o establecemento. Xunto ao anteriormente sinalado, en orde de garantir a calidade e unha adecuada prestación dos servizos que comprenden a actividade profesional dos guías de turismo, prevé a organización ou homologación, por parte do órgano superior con competencias en materia de turismo, de cursos de formación, sendo voluntaria a asistencia eles.