A Denominación de Orixe Ribeiro organiza un concerto
enoacústico de Pablo Carbonell a prol da cociña económica de Santiago, que se
celebrará o 6 de decembro na Capela Real do Parador Hostal dos Reis Católicos
da capital galega. A cita comezará ás 21:30 horas e xa ten as súas entradas
donativo á venda, a un prezo de 12 euros, na Reixa Tenda (Rúa de Mazarelos, 9).
Durante o concurso Santiago(é)Tapas, que se celebra na
cidade ata o domingo 30 de novembro, os clientes que consuman viños Ribeiro
coas súas tapas poden conseguir entradas de balde, seguindo as instrucións do
seu tapasporte. O concerto está organizado pola D.O. Ribeiro e conta co
patrocinio de Banco Sabadell Gallego e a colaboración de Paradores e Trevisani.