Turismo de Galicia e mais a Universidade de Santiago de
Compostela asinaron un convenio de colaboración, enmarcado
no Plan de Turismo Termal, para o desenvolvemento da Cátedra Institucional de Hidroloxía Médica.
Segundo
anunciouse no acto de sinatura, a Cátedra Institucional de Hidroloxía Médica
traballará na implantación dunha historia clínica común informatizada en todos
os balnearios galegos co que se acadará
unha maior profesionalidade. Así mesmo, traballará na unificación dos
Protocolos Terapéuticos empregados para adaptalos aos aplicados noutros países
de Europa e promoverá a investigación neste campo e favorecerá á difusión e o
coñecemento da mesma mediante publicacións e outras accións de comunicación.
A través
deste acordo, Turismo de Galicia e a Universidade de
Santiago levarán a cabo, cursos,
seminarios, conferencias e outras actividades académicas que redundan na
difusión, o coñecemento e a práctica da Hidroloxía Médica permitindo aos
alumnos obter uns coñecementos básicos sobre as características das augas
mineiro medicinais e as súas aplicacións terapéuticas.
Ademais promoverase a organización de actividades académicas que contribúan a
facilitar a reflexión e o debate médico entre profesores e médicos de
balnearios, co fin de acadar o seu mutuo enriquecemento intelectual e a mellora
da súa formación médica e universitaria.