Delimitado pola Xunta o O Consello da Xunta na súa reunión de hoxe deu o visto e prace ao Decreto polo que se aproba a delimitación definitiva do Camiño de Santiago do Norte, ruta da Costa, unha medida que garantirá unha mellor protección dos lugares, edificios e paraxes polos que discorre esta ruta histórica recoñecida na Lei 3/1996, de protección dos Camiños de Santiago. O Decreto inclúe a inscrición da ruta da Costa no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia coa categoría de territorio histórico; ao tempo que se notifica aos concellos afectados pola delimitación que deberán incorporar o seu trazado e o ámbito do seu territorio histórico aos seus planeamentos urbanísticos, así como a necesidade da autorización previa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para as intervencións que se realicen no devandito ámbito. O Camiño de Santiago do Norte, ruta da Costa pasa polos concellos de Ribadeo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Begonte, Guitiriz, Friol, Vilasantar, Sobrado, Boimorto, Arzúa e O Pino. Ademais da ruta da Costa dentro do Camiño de Santiago do Norte, nos últimos catro anos o Goberno galego ten aprobado o trazado definitivo do Camiño Francés; o Camiño Inglés; e a ruta do Interior do Camiño de Santiago do Norte. Ademais, a Xunta aprobou e os tramos do Camiño de Santiago do Norte, Camiño Portugués, ruta da Prata e Camiño de Fisterra ao seu paso polo termo municipal de Santiago de Compostela. Deste xeito, a Consellería de Cultura e Educación reforza o seu compromiso de avanzar na posta en valor das rutas xacobeas.

O Consello da Xunta deu o visto e prace ao Decreto polo que se aproba a delimitación definitiva do Camiño de Santiago do Norte, ruta da Costa, unha medida que garantirá unha mellor protección dos lugares, edificios e paraxes polos que discorre esta ruta histórica.

O Decreto inclúe a inscrición da ruta da Costa no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia coa categoría de territorio histórico; ao tempo que se notifica aos concellos afectados pola delimitación que deberán incorporar o seu trazado e o ámbito do seu territorio histórico aos seus planeamentos urbanísticos, así como a necesidade da autorización previa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para as intervencións que se realicen no devandito ámbito.

Camiño de Santiago do Norte, ruta da Costa pasa polos concellos de Ribadeo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Begonte, Guitiriz, Friol, Vilasantar, Sobrado, Boimorto, Arzúa e O Pino.