Turismo de Galicia, Nava
Castro e o Clúster de Turismo de Galicia asinaron tres
acordos a través dos cales continúa promovéndose a colaboración entre a
Administración turística e o Clúster do sector para acadar obxectivos comúns.
![]() |
Francisco González |
Estes convenios de colaboración teñen a
finalidade de impulsar o asociacionismo no sector turístico galego, implicar ao
sector empresarial na promoción e comercialización de Galicia como destino
turístico e implementar as liñas de actuación do Plan Integral de Turismo de
Galicia conxuntamente.
A directora de Turismo de Galicia destacou,
durante a rubrica de ditos acordos, que “é de vital importancia a
profesionalidade e a adaptación ás actuais circunstancias a través do
asociacionismo”. Neste senso, Nava Castro, engadiu “hoxe damos un paso mais no
noso labor de continuar potenciando o asociacionismo e a creación de sinerxías
para facer fronte ás transformacións que se están a producir neste sector e
continuar sendo competitivos neste mercado altamente globalizado”.