Mercado da Quintana, reclamo de Nadal

O primeiro Mercado da Quintana, que celebrarase do día 12 de decembro ao día 5 de xaneiro na céntrica praza compostelá, reunirá na céntrica plaza compostelana a artesáns, produtores, comerciantes e restauradores que exhibirán e venderán os seus produtos, pezas e coleccións de decoración e produtos de Nadal. 

Ademais o Mercado contará cun carrusel para o disfrute dos cativos e un escenario para as actuacións musicais dos venres, sábados e domingos, que fará as veces de photocall para os visitantes. O Mercado posuirá tamén unha zona infantil para obradoiros onde se levará a cabo o servizo de gardería-ludoteca durante as fins de semana, e un acolledor espazo de restauración para a degustación de bebidas e comestibles típicos destas festas.


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto co alcalde do Concello de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, e  a concelleira de Turismo e Mercados, Reyes Leis, presentaron hoxe este mercado que será, segundo afirmaron,, un dos grandes reclamos turísticos de Galicia para este Nadal.