No pasado mes de outubro Galicia rexistrou un
incremento do volume de viaxeiros aloxados nos establecementos regrados da
comunidade, do 15,1%, ata situarse nos 350.910. Subiron tamén neste as pernoitas
nunha porcentaxe do 13,1%, contabilizando un total de 675.485 no conxunto da
comunidade, segundo os datos ofrecidos pola Administración Autonómica.
É a primeira vez desde o ano 2010 que Galicia
rexistra un comportamento de crecemento da demanda turística regrada neste
décimo mes do ano. Este cambio de tendencia aconteceu tanto no segmento
hoteleiro como no ámbito do turismo rural.