Peregrinatio en Muros

Muros alberga dende hoxe, no Muíño de marea do Pozo do Cachón, a exposición 'Peregrinatio. O Camiño de San Francisco a Santiago', na que se recolle a peregrinación de San Francisco no ano 1214, dende Asís ata Compostela, percorrido que lle inspirou a creación da orde franciscana.

As fotografías e a peza musical que integran esta mostra foron realizadas polos artistas galegos Manuel Valcárcel e Alexandro González no seu viaxe a través de Italia, Francia, o norte de España e a Galicia xacobea, seguindo a mesma ruta que san Francisco percorreu fai 800 anos.

A exposición ofrece unha interpretación de gran beleza sobre o Camiño de Santiago, afondando no fenómeno da peregrinación. As claves principais deste feito histórico vivo –os seus valores universais, o seu legado cultural, a súa capacidade para potenciar aspectos como a comprensión, o intercambio, a solidariedade, a hospitalidade– están recollidas neste traballo destes dos artistas novos galegos que, asumindo o seu papel de peregrinos, souberon ver en camiños e santuarios a esencia dun fenómeno único.