A Ruta BBVA achegarase a Galicia o vindeiro ano

O director da Ruta BBVA, Miguel de la Quadra-Salcedo, acompañados polo director do CBC de BBVA en Santiago de Compostela-Senra, Santiago Morente, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, presentaron en Santiago de Compostela, a trigéseima edición da Ruta BBVA que en 2015 visitará Galicia.

Esta ruta única levará a 200 mozos de España, Portugal e toda América a percorrer durante o verán de 2015 España e Colombia, a través dunha experiencia formativa na que os participantes, ademais de ampliar os seus coñecementos, desenvolverán un espírito de cooperación internacional.

A directora de Turismo de Galicia sinalou durante a presentación que a nosa comunidade terá a honra de acoller a estes expedicionarios para que poidan coñecer as tradicións e a cultura do Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións e visitar tamén a capital compostelá. “A Ruta BBVA é unha viaxe que combina a educación en valores, o intercambio cultural e a aventura, aspectos que todos eles se integran á perfección na ruta xacobea”, explicou.