AGAXET CONECTA GALICIA CO XORNALISMO DE FALA PORTUGUESA

-O TRONCO IDIOMÁTICO COMO FERRAMENTA E REFERENCIA XEOGRÁFICA

Nace en Portugal a asociación de xornalistas que se confederará coa galega para impulsar a inter-divulgación dos recursos turísticos nos países lusófonosA creación en Portugal dunha entidade de semellantes características e compromiso profesional ao da Asociación Galega de Xornalsitas e Escritores de Turismo (AGAXET), permitirá empezar o vindeiro ano coa creación dunha federación ibérica de xornalistas luso-galaicos, unha supra-plataforma ao servizo e coa vocación de divulgar
os recursos e produtos turísticos dos países con tronco idiomático común. O apoio que poden prestar as políticas turísticas respectivas, e o posicionamento preferencial de productos nos respectivos mercados é “inconmensurable”, valorouse na sucesión de reunións que se veñen mantendo desde a primavera pasada, en Ourense,

Braga, Porto, Pontevedra, Lisboa, Madrid e Alentejo.
O perfil do proxecto conxunto e os trámites para a creación da asociación lusa acapararon os traballos deste ano entre a comisión mixta que lideran en Portugal os colegas André de Quiroga (Lisboa) e José Augusto Moreira (Porto) e a AGAXET, da que partiu esta iniciativa coa fin de fomentar o coñecemento de países unidos por un idioma compartible, e a divulgación transversal dos seus recursos.

A entidade galega persidida por Guillermo Campos -voceiro nas negociacións en trámite- decideu aprazar a súa asamblea xeral prevista para antes do outono -tamén, consecuentemente, o congreso constituinte – a espera da tamitación da “partner” lusa. A asamblea xeral está convocada agora para este 20 de nadal, no gran hotel

Los Abetos de Santiago de Compostela.
AGAXET inclúe na orde do día da asamblea xeral -contemplada a creación da entidade portuguesa nestes días- o acordo de constituir a alianza coa asociación dos xornalistas de turismo portugueses, unha federación internacional estatutariamente co-fundada en principio polas dúas asociacións preexistentes, e extensible no inmediato futuro a outros países unidos por una mesma ferramenta de divulgación: o tronco galego-lusófono, como Brasil, Angola, Mozambique e o entorno chinés.