Pedrafita do Cebreiro |
A directora de Turismo de Galicia, Nava
Castro, inaugurou esta mañá o Foro de Santiago TV “Impacto económico do Camiño
de Santiago”, unha xornada de conferencias para analizar esta gran ruta de
peregrinación dende unha perspectiva económica.
Nava Castro destacou, durante a súa
intervención, a importante repercusión do Camiño de Santiago no reequilibrio
territorial, na xeración do emprego, na renda, na mellora da calidade de vida e
no impacto económico dos núcleos rurais galegos por onde transcorre.
O Camiño de Santiago suma 8 rutas en
Galicia que integran 1.300 quilómetros divididos en mais de 100 municipios. A
directora de Turismo de Galicia sinalou que nestas áreas polas que transcorre a
ruta xacobea amortece indicadores como o envellecemento, o declive demográfico
e a despoboación e impulsa unha nova economía que atrae habitantes e que asenta
a poboación local.
No que vai
de ano, chegaron a Santiago de Compostela máis de 236.000 peregrinos o que
supón un aumento de máis do 10% en relación ao mesmo periodo do ano pasado e os
peregrino estranxeiros xa supoñen máis da metade do total