A exposición que sobre os centros
etnográficos que se reparten por toda a provincia de Ourense, foi deseñada a
xeito de homenaxe a todos eles por parte da romaría etnográfica Raigame que se
celebrou, como tódolos anos, o día 17 de maio en Vilanova dos Infantes, e que
agora está itinerando por toda a provincia, achégase de novo a Celanova, neste
caso ás paredes do Claustro Barroco do Mosteiro, onde estará colgada ata o
remate do ano, que seguirá o seu periplo pola xeografía ourensá.
A mostra está composta por 20
lonas de gran formato que recolle información puntual e específica doutros
tantos centros etnográficos, parques, exposicións permanentes e museos
etnográficos espallados por todo o territorio e de moi diversa índole. Algún
ten o recoñecemento oficial de museo, pero a grande maioría son iniciativas
particulares de persoas ou entidades que sen contar con ese recoñecemento,
tamén contribúen a conservar e difundir algún aspecto da cultura tradicional da
súa comarca.
A súa distribución por todo o mapa
provincial, permite ao interesado programar distintas rutas pola provincia para
realizar visitas compaxinando diferentes aspectos culturais. A natureza, a
arquitectura popular rural, a gastronomía, rutas de sendeirismo, son
actividades que complementan a oferta etnográfica.