Centro de acollida para peregrinos en Compostela

O Consello da Xunta aprobou hoxe a subscrición do convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e a Fundación Catedral de Santiago para a execución da obra de rehabilitación da edificación denominada “asilo de Carretas” para a creación dun centro de acollida aos peregrinos en Santiago de Compostela.

O convenio definirá as bases reguladoras da concesión directa dunha subvención por parte de Turismo de Galicia á Fundación Catedral de Santiago para financiar os custos derivados da redacción do proxecto básico e de execución da obra de rehabilitación da edificación denominada “asilo de carretas” para a creación dun centro Internacional de acollida aos peregrinos en Santiago de Compostela.

Turismo de Galicia financiará as actuacións por un importe dun millón cincocentos cincuenta mil euros (1.550.000 euros) e a Fundación Catedral de Santiago asumirá a xestión do funcionamento do centro internacional de acollida de peregrinos, sen que esta actuación xere ingresos para a fundación, nin se cobre polo seu uso aos peregrinos usuarios do centro