O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, xunto con representantes das adegas Mar de
Frades (Paula Fandiño), As Laxas (Roi Simón), Eidosela (Francisco Javier
Piñeiro), Martín Codax (Yara Bueno), Pablo Padín (Pablo Padín) e Señorío de
Rubiós (Antonio Méndez), presentaron hoxe os viños escumosos de Rías Baixas que
se darán a coñecer o domingo, a partir das 12 horas, no salón de congresos
Peña. Durante o transcurso desta terceira edición dos escumosos vanse desenvolver
presentacións das diversas elaboracións e mais unha demostración da maridaxe
con ostras de Cambados aportadas polos depuradores cambadeses.
O alcalde agradeceu a iniciativa das bodegas que van
presentar unha elaboración innovadora moi interesante co selo de calidade da
denominación de orixe Rías Baixas. Tamén agradeceu a colaboración das
depuradoras cambadesas que van posibilitar a demostración da maridaxe cos
escumosos na xornada enogastronómica. As cen prazas previstas para este evento
xa se cubriron e abriuse a lista de espera.
A bodega As Laxas vai presentar na xornada do domingo o seu
espumoso Laxas Sensum; Eidosela presentará Burbujas del Atlántico; Pablo Padín
presentará o Feitizo da Noite; Coto Redondo o Señorío de Rubiós; Martín Códax o
Alba, e Mar de Frades un escumoso da mesma denominación. As adegas impulsoras
dos escumosos levan entre 3 e 4 anos traballando nesta elaboración, cuxa producción oscila entre as 3.000 e as 8.500
botellas según as marcas.