Constitúese c Consello Termal Ourensán

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente da Deputación, José Manuel Baltar, constituíron hoxe o Consello Termal Ourensán co obxectivo de impulsar a promoción turística de Galicia potenciando o termalismo en Ourense co obxecto de que o seu posicionamento contribúa a un desenvolvemento territorial equilibrado e á creación de emprego de calidade”.

Na súa intervención, Nava Castro lembrou tamén que a cidade de Ourense é a segunda potencial termal europea, só por detrás da capital húngara, Budapest, e que en Galicia están catalogadas máis de 300 captacións de auga mineiro-medicinal, “unha por cada 10.000 habitantes”, manifestou, polo que “a auga termal constitúe hoxe un recurso estratéxico para o desenvolvemento turístico e económico da comunidade galega”.


A directora de Turismo de Galicia remarcou a importancia do termalismo en Galicia, lembrando que destas máis de 300 captacións hidrolóxicas, máis dunha vintena teñen a cualificación de balneario, polo que a comunidade galega “ocupa a primeira posición en canto ao número de establecementos balnearios a nivel nacional”.