Museo etnolóxico |
Ribadavia, podemos
visitar o Museo Etnolóxico, situado no Pazo de Baamonde. Conta con seccións
adicadas á etnografía, á fotografía, á cerámica e a actividades textís. Tamén
hai que destacar o seu arquivo oral e audiovisual, así como os seus fondos
documentais, cunha importante biblioteca especializada en antropoloxía e
historia.
Desprazándonos cara a Ribeira
Sacra, encontramos en S. Pedro de Rocas (Esgos) un pequeno centro etnográfico centrado nos oficios tradicionais, o viño, lendas e contos. Uns cantos
quilómetros máis adiante chegamos a Niñodaguia, no concello de Xunqueira de
Espadañedo, o único centro oleiro que permanece activo na provincia de Ourense.
Conta cun pequeno espazo expositivo con mostras da olería de Niñodaguia e unha
pequena colección de pezas de Tioira (xa desaparecida). Conserva os fornos
comunais e tamén conta con tendas-obradoiros, onde se pode ver in situ a
fabricación da olería de Niñodaguia.
Desviándonos cara o sur, chegamos ao
Santuario dos Milagres, onde atopamos o Museo dos Devanceiros, etnográfico,
sacro e científico. No aspecto etnográfico ten dúas partes diferenciadas: unha
é a casa, cunha representación dunha antiga cociña e o cuarto de durmir; a
outra é referente aos oficios e o traballo do campo cunha ampla colección de
ferramentas.
Fábrica de chocolate |
No
corazón mesmo da Ribeira Sacra, en Parada do Sil, existiu até os anos oitenta
unha fábrica de chocolate. Hoxe, o concello restaurouna para crear o Centro de
Interpretación no que se pode
apreciar o proceso artesanal que se lle aplica ao cacao até chegar a se
converter en onzas de chocolate. Tostadora, muíños,
moldes, envoltorios e outros obxectos relacionados coa antiga fábrica,
vconforman o corpo expositivo.
No macizo central ourensán atopamos
outra serie de centros etnográficos. En Castro Caldelas, concretamente no
castelo, podemos admirar unha colección de pezas cedidas polos veciños da
comarca, agrupadas en tres seccións: a casa, os labores da casa e o campo e os
o% cios. Conta cunha última parte con pezas varias como muíños, canalizacións
de pedra e cerámica.
A poucos quilómetros, en Celeirós,
podemos visitar o Centro da Identidade de Chandrexa de Queixa, un centro de
interpretación que pretende ofrecer ao visitante unha visión global dos valores
etnográficos e culturais dos habitantes da comarca. O centro conta con catro
espazos: o home fronte ao mundo; o home sobre o mundo; o home transformando o
mundo e o home intrepretando o mundo.
Casa das Rodas |
Na aldea de Arboiro, no concello de
S. Xoan de Río, está a Casa das Rodas. É un espazo dedicado ao afiador e o seu
mundo. Unha pequena mostra da inmensa colección de rodas de afiar, bicicletas,
motos e demais aparellos que o artista Florencio de Arboiro foi adquirindo e restaurando.
Continuando o camiño chegamos a
Trives que conta cun pequeno museo da Escola e da Infancia situado no antigo
colexio Santa Leonor, onde se fai un percorrido polo mundo do mestre rural de
finais do S. XIX a mediados do XX.
Na zona oriental da provincia existe
cunha serie de pequenos museos e centros etnográficos que reúnen material
referente á vida cotiá dos habitantes da alta montaña. En Vilariño de Conso,
nun amplo espazo da Casa do Concello atopamos a reprodución dunha casa de hai
cen anos, coa lareira e o cuarto, a adega, o carro, o tear, etc. En Viana do
Bolo, na Torre da Homenaxe, temos unha representación da cultura popular da
zona. A primeira planta está dedicada á arquitectura popular, á casa e á vida
doméstica. A segunda ás técnicas agrícolas e gandeiras e a terceira planta á
artesanía e aos oficios tradicionais.
E no veciño concello de A Veiga
contan cun parque etnográfico distribuído en difrentes aldeas, algunhas delas
comunicadas por rutas de senderismo: en Corzos contan co muíño e a forxa; en
Mexide co Tear da Camila; na Edreira outro muíño e a ponte das Lastras; en
Vilaboa o Tear da Hermida; en Requeixo o Museo do liño; en Espiño o forno e en
Xares outro muíño.
Centro de interpretación da castaña |
No concello de Riós crearon o Centro
de Interpretación da Castaña, onde podemos descubrir a importancia deste
humilde froito para a xente desta comarca ourensá e como se traballaron os
soutos ao longo da historia e o seu futuro.
Antes de chegar á Limia temos que
parar en Allariz para visitar o Parque Etnográfico do Río Arnioa, composto polo
Muíño do Burato, o Museo do Tecido e Museo do Coiro, este instalado na antiga
fábrica de curtidos da familia Nogueiras e que conta na planta baixa cos pilos,
a ferramenta empregada no traballo e uns paneis informativos que axudan a
comprender o proceso produtivo da curtición. Na parte
superior habilitouse un espazo para crear un obradoiro onde un artesán fai desmostracións
e cursos. Recentemente
tamén crearon o Museo da Moda con tres plantas: a baixa
dedicada á recepción e tenda, a primeira á historia do sector téxtil alaricano do S. XVIII ao XX e
a segunda unha sección interactiva onde se pode probar roupa, deseñar, etc.
Museo da Moda |
En Sandiás atopamos a Casa da Lagoa,
un centro de interpretación da agora desecada lagoa de Antela, con información
sobre a fauna, a flora e a relación entre os habitantes da Limia e este
excepcional ecosistema. E lindando con este concello está o de Vilar de Santos
que xestiona un interesante museo sobre o liño e o tecido tradicional.
Na Baixa Limia, concretamente en
Entrimo, veñen de crear recentemente o Centro Etnográfico da Terrachán. Está
composto por unhas trescentas pezas, doadas polos veciños do concello e que
conforman unha exposición permanente sobre o mundo rural, o traballo no campo,
a casa e os oficios da comarca.
Deixamos para o final o Centro de
Interpretación dos Zapateiros de Vilanova dos Infantes, situado na Adega do San
Vivián, a onde se chega despois de dar un paseo pola urbe medieval admirando a
arquitectura popular, plagada de casas blasonadas e presidida pola Torre da
Homenxe e restos da muralla. O centro honra o principal oficio da xente de
Vilanova, o de zapateiro, onde a través das ferramentas cedidas polos veciños,
mostras de calzado e uns paneis informativos, facemos un percorrido pola
historia da vila e dos seus habitantes.