O Mercado da Quintana, un dos atractivos das
múltiples actividades que acolle Galicia neste Nadal quedou inaugurado esta mañán. Produtos, pezas e coleccións de decoración,
así como produtos típicos de Nadal inundarán a compostelana Praza da Quintana dende hoxe ata
o 5 de xaneiro.
A escenografía que imita unha rúa comercial
de estética afín á arquitectura tradicional galega axunta innovación co
carácter propio da nosa terra convertendo a o dito mercado nun elemento de
diferenciación relacionado co lecer, a cultura, a gastronomía e o comercio.
“Unha oportunidade única para que turistas
e comerciantes se poñan en contacto e se revalorice deste modo a artesanía de
Galicia como elemento tradicional e cultural e se outorgue un valor engadido á
experiencia do viaxeiro”, explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, no acto inaugural que compartiu co alcalde de Santiago Agustín Hernández.
Son moitas as cidades que cada ano ven
aumentar o seu número de visitantes durante estas datas grazas aos mercados do
Nadal que convértense nunha das motivacións principais a hora de escoller
destino durante esta festividade. Neste senso, Nava Castro afirmou que o
Mercado da Quintana supón un forte reclamo turístico e unha opción moi
demandada por peregrinos e turistas.