Nava Castro e Diego Calvo
Os máximos responables de Turismo de Galicia e da Deputación da Coruña asinaron un convenio de colaboració para a posta en valor dos recursos turísticos da provincia da Coruña. En virtude desta acordo, Turismo de Galicia colaborará coa promoción, dinamización e fomento do turismo nas seguintes liñas: accións de mellora no Camiño Inglés de Santiago, accións de recuperación, promoción e sinaléctica da Ruta do Medievo e accións de mellora na promoción do turismo industrial destinado a PEMES da provincia.

Entre as accións de mellora no Camiño Inglés de Santiago que aborda dito convenio encóntranse o emprego das novas tecnoloxías da información co obxecto de facilitar aos peregrinos e turistas os servizos tecnolóxicos mais avanzados, accións para a recuperación de espazos naturais degradados ao longo do Camiño co obxecto de reducir o impacto dos residuos xerados polo sector turístico, accións de sensibilización social para a promoción dun Camiño Sostible e accións encamiñadas a mellora da accesibilidade do Camiño nas propias etapas e nos distintos albergues a través dun programa para a eliminación de barreiras arquitectónicas.

Así mesmo, a través deste acordo realizaranse actuacións de mellora das visitas de turismo industrial existentes na provincia, de adecuación do percorrido nas propias instalacións da visita, sinalectica e panelización, promoción e difusión.

O patrimonio industrial de Galicia constitúe unha innovadora oferta turística que outorga a posibilidade de coñecer diferentes sectores produtivos arraigados á nosa comunidade a través da visita ás empresas e instalacións industriais. “Estamos a traballar na potenciación deses recursos e infraestruturas relacionadas co turismo industrial co fin de poñelos en valor e que tanto turistas como visitantes, ademais de coñecer a nosa paisaxe e cultura, tamén poiden descubrir o noso sistema produtivo”, afirmou Nava Castro.