O Ribeiro toma Puerto Rico

A adegas do Ribeiro Viña Costeira, Alanís, Terra do Castelo, Finca Viñoa, Casal de Armán e Ramón do Casar estiveron presentes, da mán do CRDO Ribeiro, no Salón Ocean View do Hotel San Juan Beach, celebrado na capital de Puerto Rico. Unha experiencia moi positiva levada a cabo grazas á axuda da Cámara Oficial de Comercio de España en Porto Rico.

Tras un para de meses de traballo previo e tres intensas xornadas, onde as adegas acapararon todo o protagonismo do salón, quedou patente a calidade, complexidade e elegancia dos viños do Ribeiro que merceron os eloxios de importadores, distribuidores, e prensa especializada.

Dada a importancia estratéxica deste mercado, e o seu alto nivel de cultura vitivinícola, o Consello Regulador considera de vital importancia manter a estratexia promocional e de desnvolvemento  no Caribe, Centro América e Estados Unidos para o que contará coa colaboración do IGAPE.