O Turismo como ferramenta para perservar os bans culturais

A comunidade autónoma galega conta cun importante patrimonio cultural no que destacan grandes referentes como os 671 bens de interese cultural e os 4 ítems declarados patrimonio da humanidade pola UNESCO -a Torre de Hércules da Coruña, a Muralla Romana de Lugo, a cidade de Santiago de Compostela e o Camiño de Santiago.

Así o espuxo A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro mañá na mesa redonda “Turismo – Coñecemento, Comprensión e Cultura” enmarcada na xornada “Turismo – Os viaxeiros do século XXI” que tivo lugar na Escola Diplomática en Madrid.

A dita mesa redonda contou tamén coa participación de Manuel Figuerola, director do doutorado en Turismo e profesor da Universidade Antonio de Nebrija, Joaquín Castillo, director xeral de Turismo da Comunidade de Madrid, e Guillermo Escribano, xefe do departamento de Cooperación e Promoción Cultural da AECID -Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento-. O debate foi moderado por Luis Padrón, director xeral de Casa África.


Nava Castro salientou que o turismo en Galicia constitúe unha importante ferramenta para salvagardar os elementos culturais a través da conciliación entre a explotación e o aproveitamento turístico, ao tempo que matizou que O Camiño de Santiago ofrece a posibilidade de coñecer a cultura e comprender as tradicións españolas dun xeito especial e auténtico e contribúe de xeito efectivo a romper barreiras culturais.