Outono gastronómico: The end

O vindeiro domingo 14 de decembro remata a oitava edición do Outono gastronómico en turismo rural de Galicia, unha iniciativa que desde o pasado día 12 de setembro atraeu a numerosos turistas que buscan disfrutar dunha gastronomía única na tranquilidade do medio rural.

Neste último fin de semana os 106 establecementos participantes desta oitava edición —27 da provincia da Coruña, 31 da de Lugo, 23 da de Ourense e 25 da de Pontevedra— ofrecerán máis de 200 menús diferentes elaborados cos mellores produtos da tempada.

O ‘Menú Outono gastronómico’, para xantar ou cear, que consta de entrante, primeiro prato, segundo prato, sobremesa e viño con Denominación de Orixe galega. O prezo é de 30 euros por persoa e cada casa de Turismo Rural ofrece dous menús diferentes.

O “Paquete Outono gastronómico” que inclúe un “Menú Outono gastronómico” por persoa e o aloxamento e almorzo na casa de Turismo Rural. O prezo é de 110 euros para dúas persoas en cuarto duplo ou de 70 euros para unha persoa en cuarto individual.

Unha oferta completa de “Fin de Semana de Outono gastronómico”, que inclúe dous menús por persoa, máis o aloxamento e almorzos por 190 euros para dúas persoas en cuarto dobre e 130 euros para unha persoa en cuarto individual.

E  se os viaxeiros queren compartir coa familia esta última fin de semana, poderán escoller a opción “Fin de semana familiar Outono gastronómico”, que inclúe ofertas para un e dous nenos de ata 14 anos.