Pedro Madruga e Colón tanto monta

O Museo de Pontevedra acollerá o vindeiro día 30 a presentación dunha nova obra que defende a tese do Colón galego, neste caso afondando na teoría de que o navegante sería, en realidade, Pedro Madruga.Trátase do ensaio La huella de Pedro Madruga en Cristóbal Colón, de Ángel Carracelas Requejo, que se presentará ás 20,00 h. no Salón de Actos do Sexto Edificio.


O investigador acude a estudos como os realizados polos historiadores Celso García de la Riega e Alfonso Philippot, para tratar de demostrar a dualidade entre Pedro Álvarez de Sotomayor e Cristóbal Colón, afondando ademais en documentación histórica procedente do Arquivo Xeral de Simancas e do Arquivo Xeral de Indias que lle permiten deducir que, en realidade, Pedro Madruga e Colón eran a mesma persoa.