Protexer ao consumidor

O Decreto de venda directa de produtos agroalimentarios aprobado recentemente pola Xunta define un conxunto de medidas para garantir o dereito das persoas consumidoras á protección da súa saúde e a recibir a información necesaria sobre os alimentos que adquiren.

Esta norma define as obrigas dos titulares das explotacións agrarias que queiran acollerse a esta modalidade de venda e as condicións que deben reunir os produtos. Por iso establece unha lista dos que poden ser obxecto desta forma de venda e as cantidades máximas que se poden comercializar por explotación e ano.

O decreto fai destinatarios da norma a aqueles agricultores e gandeiros que, estando a traballar como tales, optan pola venda directa dos excedentes da súa explotación. É por isto polo que se considera indispensable o feito de estaren rexistradas no correspondente Rexistro de Explotacións da Comunidade Autónoma de Galicia (REAGA).


Sobre o posible financiamento deste tipo de actividade, a directora puntualizou que o novo Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020 (cofinanciado a través do FEADER) contempla medidas  nas que se recolle a posibilidade de financiar accións vinculadas ao apoio da comercialización en circuítos curtos.