O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a aprobación
do decreto polo que se concede o título de Embaixador de Honra do Camiño de
Santiago ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy.
Feijóo lembrou que o Plan integral de Turismo de Galicia recolle estes
nomeamentos co obxectivo de posicionar o Camiño de Santiago como referente a
nivel internacional. Como engadiu o titular da Xunta, este recoñecemento
outórgase “a persoas que, pola súa labor, polo seu compromiso, polo seu
coñecemento e pola súa divulgación, consideramos que son claves para exportar a
cultura e os valores dos Camiños xacobeos”.
Ata agora xa se tiñan
distinguido con este título ao entón Príncipe de Asturias, antes de ser nomeado
Rei Felipe VI, e ao adestrador da selección española de fútbol, Vicente del
Bosque.