Turismo de Galicia tivo esta semana unha
nova cita cunha das feiras de promoción e comercialización do ámbito turístico
da natureza máis importante do calendario en España. Trátase da feira INTUR,
que celebrouse en Valladolid desde o xoves 27 de novembro ata o domingo, día
30 de novembro.
Deste xeito, Turismo de Galicia instalou na
capital do Pisuerga, dentro do certame INTUR, un stand de 112 metros cadrados
para a promoción e apoio á comercialización dos produtos turísticos galegos
relacionados coa natureza, o deporte, a cultura e a gastronomía.
INTUR celebrou este ano a súa XVIII edición
e continúa a ser un dos referentes nacionais para a promoción turística interior.
Entre o seu público contou con moitos clientes turísticos de Galicia e persoas
interesadas pola oferta da Comunidade galega. O público de INTUR sentiuse especialmente
atraído polo Camiño de Santiago, os espazos naturais de Galicia, a costa e o
turismo rural.
Paralelamente, desenvolveuse o programa
INTUR negocios, unhas xornadas de comercialización reservadas aos profesionais
do turismo. Este ano participaron arredor de cen compradores dos que un 46 por
cento foron estranxeiros. Nestas xornadas participaron empresarios
membros do Clúster Turismo de Galicia, acompañados pola directora de Promoción
de Turismo de Galicia, Camen Pita, quen tamén asistiu á inauguración oficial da
feira.