Welcome Mr. Marshall

A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, participara dende hoxe ata o xoves día 18 de decembro nunha misión comercial para a promoción dos produtos e servizos turísticos galegos nos Estados Unidos de Norteamérica en colaboración co operador Exclusively Spain e Turespaña.

Nesta misión comercial, Turismo de Galicia participará en tres presentacións da oferta turística galega a axentes de viaxes locais. Deste xeito, o programa de promoción en Norteamérica comeza hoxe  en Salt Lake City (Utah), cunha presentación no Hotel Grand America.

O día 17 está prevista unha presentación en Costa Mesa (California), no Hotel Wyndham, e o día 18 desenvolverase unha xuntaza cos axente turísticos da cidade de Phoenix (Arizona), no Hotel Palomar Phoenix.

O obxectivo desta campaña de presentacións nos Estados Unidos de América é continuar co lanzamento e promoción do destino Galicia que a Xunta, a través de Turismo de Galicia e en colaboración con Exclusively  Spain, vén desenvolvendo nos dous últimos anos e que xa levou ao turismo de Galicia a se promover nos estados de Oregón e Colorado, ademais de California.


Así, ao longo dos dez primeiros meses do ano 2014, xa visitaron Galicia máis de 72.000 viaxeiros procedentes dos Estados Unidos de Norteamérica, o que supón un 29,2% máis que no mesmo período de 2013.