Nos once primeiros meses do ano 2014 a cifra de viaxeiros nos establecementos hoteleiros do destino Costa da Morte incrementouse nun 47%, con preto de 150.000 viaxeiros. Subiu tamén durante este período de tempo o volume de pernoitas en máis do 71%, acadando a cifra das 253.000.
Ests datos foron falitados co gallo da reunión que a directora
de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo esta mañá coa alcaldesa de Cee, o alcalde de
Fisterra e representantes da Asociación Profesional do Sector Turístico da
Costa da Morte (APTCM) para abordar asuntos relacionados coa promoción
do destino Costa da Morte e a coordinación no seu desenvolvemento turístico.
O motivo da reunión foi intercambiar
información para avanzar conxuntamente na potenciación do destino turístico
Costa da Morte e mellorar a competitividade da súa oferta turística. Durante a reunión abordouse tamén a posibilidade da posta en marcha nas
próximas semanas dun xeodestino cunha oferta integrada impulsada conxuntamente
co fin de aproveitar sinerxías e convertelo nun destino competitivo.
Así mesmo, os representantes da Asociación Profesional do
Sector Turístico da Costa da Morte trasladaron á directora de Turismo de
Galicia o seu interese pola posta en marcha de plans de formación que abarquen
temáticas como a aplicación das TIC ao turismo ou cursos de inglés ou atención
ao cliente para a hostalería.
Ademais os presentes falaron sobre os espectaculares datos rexistrados no
pasado ano 2014 na Costa da Morte o que supuxo que fose o destino de mellor
comportamento da demanda hoteleira de toda Galicia pois rexistrou os crecementos
de maior intensidade tanto en termos globais –viaxeiros e pernoitas- coma en
cada un dos segmentos de mercado –nacional e internacional.