A Consellería do Medio Rural e do Mar destina
200.000 euros en axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos
reguladores de denominación de calidade agroalimentarias e se convocan para
2015.
Esta convocatoria, publicada nos últimos días no Diario Oficial de
Galicia, ten por obxecto mellorar e controlar a calidade e
a orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha
denominación xeográfica de calidade ou acollidos á produción ecolóxica.
As actividades subvencionables serán as
actuacións encamiñadas a este fin; así como a realización de estudos,
investigacións e desenvolvemento de programas. Por outra banda, tamén serán
subvencionables os gastos derivados da adquisición de bens de equipo e
materiais, de consultaría externa e os derivados da realización de análises de
laboratorio relacionados coa certificación do produto. O prazo de solicitudes
para esta convocatoria é dun mes a partir do día seguinte ao da publicación
desta orde no DOG.
Os interesados en solicitalas poden consultar
os requisitos e a documentación que deben presentar no Diario Oficial de
Galicia de hoxe. As solicitudes deberán ser presentadas no prazo dun mes
contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG (luns, 12 de xaneiro).
Deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario
normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte
papel.