O potencial
termal de Galicia, tanto no ámbito dos recursos como no da oferta de servizos e
aloxamentos, poderase difundir esta semana en Francia a través da feira
Thermalies, un dos certames turísticos especializados máis importantes de
Europa, no que Turismo de Galicia instalará un recinto propio para mostrar toda
a riqueza termal galega.
Trátase dun certame no que os visitantes
adoitan mercar directamente a súas estancias en centros termais e así a
participación galega na feira resulta indispensable para dar a coñecer os
valores termais galegos e apoiar a comercialización dos servizos. Así, entre os días 22 e 25 de xaneiro, o
sector termal de Galicia terá unha excelente oportunidade de se promover entre
o público francés, un dos que máis se decanta polo turismo de saúde na conxunto
europeo.
Deste xeito, nesta mostra, a Agrupación Empresarial Innovadora Termal de
Galicia (AEITEGAL) contará cun espazo propio para intermediar directamente co
público que asista estes días de feira ao Carrousel do Louvre.
Galicia é a comunidade líder no conxunto do Estado en canto á oferta
mineiro-medicinal, con máis do 20% dos establecementos balnearios e tamén é a
comunidade con maior número de establecementos termais distinguidos coa Q de
calidade do Estado, xa que 8 dos 36 balnearios españois que contan con esta
distinción son galegos.