
Neste senso, resaltou que o acordo posibilitará que o
selo de garantía, que suma hoxe máis de 50 empresas e 250 produtos tras crecer
un 10% en ambos eidos en 2014, garanta o carácter único de determinados
establecementos turísticos galegos, reforzando desta maneira o labor de
certificados como a Q de calidade ou o ISO. En concreto, o conselleiro resaltou
que a concesión do selo Galicia Calidade responderá no eido turístico a uns
valores complementarios e específicos do turismo galego: arquitectónicos,
medioambientais, paisaxísticos, culturais, ou gastronómicos.
O acordo ten ademais como obxectivo potenciar os produtos
de orixe galega. Un dos requisitos para obter a calificación de Galicia
Calidade será a presenza manifesta de produtos autóctonos e produtos
alimenticios amparados polas Indicacións Xeográficas Galegas, unha iniciativa
baseada na convicción de que o sector turístico, desde as casas de turismo
rural ata os restaurantes, supoñen o mellor escaparate para a promoción dos
produtos autóctonos.