A Asociación de Amigos do Camiño de
Santiago da Comunidade Valenciana entregou ao Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo
a súa medalla en recoñecemento á colaboración que, ao longo dos anos, mantivo
esta Sociedade da Xunta de Galicia co colectivo radicado en Valencia.
A medalla foi entregada pola Presidenta da Asociación, María Ángeles
Fernández Fernández - tamén presidenta da Federación Española de Asociacións de
Amigos do Camiño de Santiago- ao Xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela.
María Ángeles Fernández fixo entrega da medalla “en recoñecemento á dilatada e inestimable
colaboración do Xacobeo ao longo dos anos que permitiu sacar adiante moitos dos
proxectos da nosa Asociación”.
Así mesmo, a presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago
da Comunidade Valenciana resaltou na súa intervención o importante apoio que
desde Turismo de Galicia, especialmente a través do Xacobeo, se ten realizado
con dita asociación apoiando as súas iniciativas e actividades.
Pola súa banda, Rafael Sánchez agradeceu a distinción e transmitiu o
agradecemento a esta Asociación e todos os seus asociados polo “impagable labor
que día a día realizan na sinalización e difusión do Camiño de Santiago e a
cultura xacobea”.