A rede
pública de albergues do Camiño Inglés, xestionada por Turismo de Galicia a
través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, experimentou no pasado ano 2014 un
espectacular incremento no seu número de pernoitas. En total
rexistráronse nos albergues do Camiño Inglés 10.530 pernoitas no pasado ano, o
que supuxo un incremento de máis do 61% en comparación coas rexistradas no ano
2013.
Despois do
Camiño Inglés, as rutas que experimentaron un maior crecemento no que a número
de pernoitas se refire foron o Camiño Norte –cun incremento do 5,68%- e o Camiño
Portugués – cun incremento do 1,94%-.
Neste último
ano 2014 implementáronse 30 novas prazas no Camiño Inglés grazas á apertura dun
novo albergue en Sergude-Carral. Deste xeito, a rede pública de albergues da
Xunta abarca no Camiño Inglés 5 aloxamentos públicos que ofrecen aos peregrinos
un total de 139 prazas.
En canto ao
número de peregrinos, durante 2014 recolleron a
Compostela 7.194 peregrinos procedentes do Camiño Inglés, un 62,35% máis que no
ano 2013.