Presentación da Festa do cocido na terra do marisco

O día 8 de febreiro Lalín acollerá a 47 edición A Feira do Cocido, que conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Nacional dende 2010. Desde entón, esta festa é unha referencia imprescindible no calendario gastronómico galego e unha cita ineludible como prólogo do Entroido, xa que a Feira do Cocido de Lalín celébrase sempre o domingo anterior ao domingo de Entroido. Acaba de ser presentada en O Grove pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e mais o alcalde de Lalín, José Crespo.

Ese día as cores das carrozas, charangas, comparsas e grupos de gaiteiros faranse donas das rúas de Lalín tras a lectura do pregón, que irá precedido da celebración do acto de investidura dos novos membros da Encomenda do Cocido. A propia feira será outro dos principais atractivos, xa que os mellores produtos das fértiles terras de Deza exporanse nos numerosos postos instalados no Campo da Feira Vello, ofrecendo un delicioso percorrido visual e aromático a quen camiña entre eles.

O atractivo turístico e cultural desta celebración vese corroborada ano tras ano pola masiva afluencia de público no día grande da feira, que acostuma superar as 70.000 persoas.

Aceites Abril participó en la Master Class sobre el Cocido y los productos típicos de Lalín dirigida a los alumnos del Obradoiro de Hostelería do Salnés 6. Este acto se incluyó dentro de la presentación oficial de la XLVII Feira do Cocido de Lalín, celebrada en O Grove