O Concello da Coruña comezou o trámite de solicitude da declarción de Festa de Interese Turístico Intenacional das Fogueiras de San
Xoán. Deste xeito, coa entraga do expediente, o Goberno local da Coruña
levará ao próximo pleno de marzo a petición na que insta á Xunta de Galicia a
realizar as xestións necesarias ante a Secretaría de Estado de Turismo para
obter a dita declaración para a festa coruñesa máis multitudinaria.
O orixe, a antigüidade, o arraigamento da
festa, a súa orixinalidade e a súa promoción no exterior son algúns dos
requisitos esixidos para obter esta concesión e que deben ser argumentados e
demostrados no expediente. Así mesmo, a festa candidata debe contar coa
declaración de Festa de Interese Turístico Nacional dende os cinco anos
inmediatamente anteriores á solicitude.
De conseguir a súa declaración, as
Fogueiras de San Xoán da Coruña, uniríanse a outras sete festas galegas que
contan coa declaración de Festa de Interese Turístico Internacional: a Festividade
do Apóstolo Santiago, o Festival de Ortigueira, a Rapa das Bestas de Sabucedo
na Estrada, a Romaría Viquinga de Catoira e as Semanas Santas de Viveiro e
Ferrol.
As Fogueiras de San Xoán constitúen unha
das festas mais máxicas de Galicia e se hai un lugar no que a noite de San Xoán
se vive de xeito entusiasta, sen dubida, ese é A Coruña, onde a noite máis
curta do ano vai precedida de toda unha semana de actos e preparativos.
Desde a mañá anúnciase a festa con desfile
de bandas e carrozas de meigas para que a queima da fogueira volva ser un
momento máxico e inigualable no calendario anual. O olor das sardiñas asadas e do lume invade
a cidade na noite do 23 de xuño debido as fogueiras que se alzan en numerosos
puntos da cidade.