O stand de Galicia na Feira Internacional de
Turismo de Madrid recibiu máis de 70.000 visitantes durante a última edición do certame. Cunha superficie de preto de 1.000 m2, nel estiveron
representados todos os entes de promoción locais e provincias da Comunidade
galega, así como, o Clúster de Turismo de Galicia.
Segundo explicou a directora de Turismo de
Galicia, Nava Castro, nesta edición, o gran protagonista do stand de Galicia foi o
Botafumeiro virtual da Catedral de Santiago. “A aplicación virtual deste
elemento tradicional e histórico do templo compostelán converteuse nun dos
grandes atractivos atraendo a máis de 250 profesionais e numerosos visitantes”,
afirmou.
No espazo galego houbo tamén cabida para un salón de actos
onde se celebraron 30 presentacións das catro provincias galegas, dirixidas aos
profesionais do sector e aos medios de comunicación. Un total de 18
informadores turísticos atenderon o stand dede o que se distribuiron 200.000 folletos e outro material de promoción de
todas as entidades oficiais e privadas participantes.
En canto á
cobertura mediática, Nava Castro sinalou que calcúlase que polo stand de
Galicia en Fitur 2015 pasaron arredor de 160 medios de comunicación galegos,
españois e internacionais, interesados pola oferta turística galega. A responsable de
Turismo de Galicia destacou tamén o gran éxito do showcooking de cociña galega
que ofreceu o expositor no fin de semana no que servíronse máis de 450 racións.
A directora de Turismo de Galicia destacou que
o espazo de traballo habilitado polo Clúster de Turismo de Galicia no expositor
contou cunha gran actividade durante os días dedicados aos profesionais. En
total xestionáronse en torno a 200 novos contactos que buscaban preferentemente
información sobre promoción turística e axencias de viaxe.
Así mesmo, neste espazo, desenvolvéronse en
torno a 250 citas, xestionadas a través de axenda do Clúster del Turismo de
Galicia, Turismo de Galicia e distintas empresas do sector, que empregaron as
mesas de traballo para desenvolver os seus encontros profesionais. “Neste senso
compre destacar que un gran número de contactos foron axencias que buscaban
receptivos e en torno ao 10% deles buscaban información específica do Camiño de
Santiago”, explicou Nava Castro.