A directora de Turismo de Galicia, Nava
Castro, presentou o libro ‘Gastronomía Monacal en Galicia” no marco da
conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a
Santiago de Compostela. O acto contou
tamén coa presenza da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o
xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, o Prior da Real Abadía de Samos, José Luis
Velez, e o director do libro, Miguel Vila.
A dita publicación inclúe algunhas das
mellores receitas concibidas nos fogóns monacais facendo un repaso polos
principais pratos de repostaría da arte culinaria dos mosteiros. Así, o libro
descubre os segredos das receitas para facer os tradicionais amendoados, as
anguías de Nadal e de mazapán, as canas ou “canutillos”, as cocadas, a empanada
de mazá, as cordiais, a crema de xemas, o brazo de xitano, as rosquillas de
xema, as papas de recortes ou a pularda do convento, entre outros moitos
manxares.
Así mesmo, o libro ofrece un percorrido pola
historia dos numerosos mosteiros e conventos que encóntranse no paso das
diferentes rutas do Camiño de Santiago.
Deste xeito, a publicación pon en valor a
calidade culinaria dos cenobios que constitúen un tesouro para a nosa Comunidade
e un importante elemento de dinamización económica y turística e, sen os cales,
nos sería posible a longa tradición coa que conta a gastronomía de Galicia.
A gastronomía monacal é a base de moitos dos
pratos típicos galegos actuais e de numerosas receitas enraizadas a nosa
cultura. Unha cociña que foi evolucionando co tempo pero que nunca perdeu a súa
esencia: a tradición de unhas saborosas receitas que conquistan os padais máis
esixentes.