“A Xunta aumentará nun 10% as inspeccións no control da calidade comercial
alimentaria este ano”. Adiantouno esta mañá a conselleira do Medio Rural e do
Mar, Rosa Quintana, despois da Conferencia Sectorial de Agricultura e
Desenvolvemento Rural celebrada en Madrid.
A
conselleira trasladou que, coas inspeccións previstas para este exercicio,
Galicia é a terceira comunidade que máis intervencións realiza nesta materia,
despois de Andalucía e Castela e León. Así sinalou que, á vista destes datos,
Galicia realiza case o 10% das inspeccións do conxunto do Estado, un número
máis elevado que o que lle correspondería á nosa comunidade en relación co peso
de Galicia nos sectores alimentarios aos que se dirixen estes controis.
Rosa
Quintana lembrou que esta
programación das inspeccións, enmarcada no Plan Nacional de Control Oficial da
Cadea Alimentaria 2011-2015, ten como obxectivo orientar as actuacións para
conseguir a máxima eficacia e homoxeneidade no sistema de control da calidade
comercial e evitar condutas fraudulentas.