A D.O. Ribeiro, recibiu a visita de importantes figuras do
mundo do viño a nivel internacional como complemento á súa activa participación
no Primeiro Foro dos Viños Atlánticos, Atlante Wine Forum, organizado polo
Instituto Galego do Viño e co-patrocinado polo C.R.D.O. Ribeiro, para que
coñezan de primeira man a D.O. más antiga de Galicia a través dos seus viños,
os seus viñedos, as súas xentes, os seus solos, así como os seus lugares máis
emblemáticos ou a súa gastronomía típica.
Personalidades entre as que se atopaban Peter Richards,
Master of Wine británico e presentador da BBC, os franceses Claude y Lydia
Bourguignon, fundadores do LAMS (Laboratorio de Análisis Microbiológico de
Suelos), Dimitris Leivadas, consultor, e ex-xefe de sala do restaurante inglés
con 3 Estrellas Michelín The Fat Duck, Cristina Alcalá, enóloga, comunicadora
en numerosos medios nacionais e internacionais, na actualidade, directora de 5
Senses Wine, e Rafael del Rey, director xeneral da Fundación Observatorio Español
del Mercado del Vino, gozaron dun percorrido pola única Denominación de Orixe
que se localiza nunha zona especial de transición Atlántico-Mediterránea, o que
xera unha situación agroclimática única, e que lle permite ser o que é, despois
de case dous mil anos de historia.
O percorrido, que incluíu unha cata inspiradora de
diferentes viños da comarca, puxo en valor a D.O. cas súas particularidades
propias do lugar, degustando viños dende a colleita 2007 ata a nova 2014, en
entornos emblemáticos; viñedos que datan do século XII e referencias
arquitectónicas e culturais da comarca nas que o Mosteiro de San Clodio, como
referente da orde Cisterciense que xerou as actuais variedades autóctonas do
Ribeiro, non podía faltar. Durante toda a visita, os prescriptores estiveron
acompañados polo persoal do C.R.D.O. Ribeiro así como do INGAVI, representado polo
seu director, Xoán Cannas.
Así mesmo, aproveitouse para que estas eminencias do viño
coñecesen tamén o perfil enoturístico da zona, destacando o seu potencial e
identidade como valor engadido e imprescindible á hora de comercializar os
viños no mundo, nun enclave privilexiado. Estes expertos destacaron con asombro
numerosas cualidades sobre as características desta rexión, os seus solos, as
súas variedades autóctonas poñendo en valor o terreo, os solos, a climatoloxía,
e las diferentes mesturas de uvas, anadas e terruños. O balance da visita é
excelente; historia, territorio e bo produto posicionan á D.O. Ribeiro como
unha das mellores rexións vitivinícolas do mundo.