Santiago acollleu a presentación a
Festa da Filloa de Lestedo. Este festexo, que pon en valor un dos produtos
máis auténticos de Galicia, conta coa declaración de Festa de Interese
Turístico de Galicia dende 2008 en recoñecemento á súa tradición, á
singularidade de utilizar unha filloeira artesanal e ao feito de que todo o pobo
participe desta celebración.
Así, o 22 de febreiro, a localidade de Boqueixón
acollerá unha nova edición desta festa, unha das primeiras exaltacións
gastronómicas deste manxar galego.Un ano máis, a celebración non terá só
carácter gastronómico, de xeito que todos aqueles que visiten Lestedo nesta
xornada poderán disfrutar dos “Xenerais”, as personaxes máis típicas do
Entroido desta zona e unha antiga tradición da comarca do Ulla, as actuacións
das charangas, os grupos de gaitas e as orquestras.
Durante o acto de presentación, a directora de
Turismo de Galicia, resaltou o traballo do centenar de veciños que fai posible
ofrecer as filloas ás miles de persoas que todos os anos acoden a Lestedo a
festexar esta celebración.
Ademais, Nava Castro destacou que a Festa da
Filloa se converte no reclamo perfecto para coñecer esta localidade da
provincia da Coruña na que, segundo explicou, se pode visitar o Pazo de Oca, as
cataratas do río Toja ou mosteiro de Carboeiro, entre outros moitos lugares
únicos. Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta destacou outro dos grandes
atractivos de Lestedo, o Pico Sacro, dende onde se divide o Val do Ulla e
Santiago de Compostela. “Unha das montañas máis coñecidas de Galicia que marca
a última etapa da Vía da Prata”, sinalou Nava Castro. “Todos estes recursos e
moitos máis acompañan a esta cita gastronómica e convértense na oferta
complementaria dunha zona de Galicia que ten moito que ofrecer”, afirmou a
directora de Turismo.