A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe adherirse á petición
da concesión do Premio Príncipe de Asturias, na súa modalidade deportiva, para
a Volta Ciclista a España, según informou en rolda de prensa o seu presidente,
Rafael Louzán.
Louzán destacou que a Volta "foi sempre un elemento
vertebrador de España e das súas comunidades, unha palanca de promoción e
xeneración de recursos económicos e creación de emprego e riqueza, e un activo
fundamental na súa promoción turística, social, cultural e económica no
mundo".
A Volta a España, xunto co Giro e o Tour conforma o circuito
de Grandes Voltas do mundo, as que superan 3 semanas de actividade. Celebrouse
por primeira vez en 1935 (coa República) organizada polos fabricantes de
bicicletas de Eibar. O primeiro gañador foi o belga Gustav Deloor e o segundo
un mítico corredor catalán, Mariano Cañardó.
Trala Guerra, o organizador, de 1945 a 1955, foi o
desaparecido diario Ya, de Madrid. Nesta etapa consolidaronse os ciclistas
galegos Delio e Emilio Rodríguez, de Ponteareas. De 1955 a 1979 a carreira organizouna El Correo Español/El
Diario Vasco e tivo como vencedores a mitos como Anquetil, Merck, Hinault,
Gimondi, Van Looy, Ocaña ou Contador. Na actualidade, a entidade organizadora é
a empresa Unipublic