O
Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) abre as súas portas durante o
día de mañá para dar a coñecer o centro a aquelas persoas que queiran estudar
dirección hoteleira ou xestión en cociña. Os
interesados poderán visitar todas as instalacións que conforman o Centro,
visitando os seus cinco edificios.
O
obxectivo da xornada é que os candidatos e as súas familias podan dispoñer de
toda a información sobre o que é o Centro Superior de Hostalería de Galicia,
onde van a estudar e cómo será súa vida profesional se estuda calquera das
titulacións ofertadas.
A visita comezará ás 11 horas e
constará dun traxecto cun itinerario que pasará polas aulas teóricas e de
idiomas, biblioteca, aulas de cata e cociña demostración, aula de restaurante á
carta, aula de Recepción e Aloxamento e a Residencia.
Ás 12:30 horas haberá unha
presentación na que se explicará aos asistentes asuntos de gran interese como
as tarifas, bolsas, probas de acceso, matrícula, etc. Así mesmo, se responderán
todas as preguntas e dubidas que teñan tanto os candidatos como os seus
familiares.