
No eido do volume de vendas, sobresae o sector
do leite e os derivados, que o ano pasado acadaron un volume económico de máis
de 9,5 millóns de euros. Cómpre destacar tamén o incremento de máis dun 5% no número
de inscritos (produtores e elaboradores) neste consello regulador, que pasou
dos 656 afiliados no 2013 aos 703 no 2014. No relativo á superficie inscrita no
colectivo, conta con máis de 15.000 hectáreas para a produción en ecolóxico.
Através de diferentes liñas para
diversas actividades de promoción, información e programas de control de
calidade, a Xunta incrementou en máis dun 43% as axudas ao Craega, pasando
dos máis de 132.000 euros destinados no 2013 aos máis de 189.000 de 2014.