A Paixón comeza coa Feira dos Viños de Amandi

Unha gorentosa e sentida maneira de comezar a semana de paixón é rendindo visita este fin de semana Ferira do Viño de Amandi en Sober (Lugo), no corazón desa fermosa terra que é a Ribeira Sacra. Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, este evento enolóxico ensalza uns dos viños máis celebrados da nosa terra, aqueles que xa alababan os romanos, que eran xente hedonista.

Este ano a Feira do Viño de Amandi, que acada a trixésimo quinta edición, está adicada ao concello ourensán de A Teixeira e o acto inaugural será realizado pola adega Malcavada, como homenaxe ao seu fundador, Antonio Vázquez, falecido recientemente.

Amandi é unha parroquia do concello lugués de Sober que tamén da nome a unha das cinco subzonas da D.O. Ribeira Sacra. Das 81 adegas amparadas nestes intres por esta denominación, 28 están na subzona de Amandi: Algueira, Adega Barbado, Adega Ferreiro, Surga, Anzío, Bodegas Baldomero, Cividade, Conde de Piantes, Cruceiro, Décima, Detrus, Dominio de Sanxiao, Don Berrnardino, Estrela, Guímaro, Lucenza, Marcelino I, Proencia, Rectoral de Amandi, Regina Viarum, Régoa, Val de Lenda, Viña Cazoga, Viña Cichón, Viña Frieira, Viña Mezqueta, Viña Peón e Viña Regueiral son valores seguros.

Situado entre Pantón e Monforte de Lemos, co río Sil ao sur e o Cabe polo Oeste, Sober é terra da denominada vititultura heroica, esforzada e esixente. 300 viticultores e 28 adegueiros son os que fan posible este milagre da viticultura heroica que produce, no caso dos tintos -que son maioría- coa uva Mencía como protagonista, un viños afroitados, de capa media e plenos en boca, suaves, gorentosos...