Turismo de Galicia participa no Salón Meedex

A oferta galega de turismo de congresos estará ao alcance dos principais operadores turísticos franceses, grazas á presenza de Turismo de Galicia no Salón Meedex, unha das citas feirais máis importantes de Francia na que os promotores de turismo entran en contacto cos operadores turísticos especializados.

Así, Turismo de Galicia participa no Carrousel du Louvre, en París, neste encontro especializado en turismo de reunións, congresos e viaxes de incentivo, no que se realizan contactos cos principais axentes do mercado francófono europeo.

Trátase dun workshop organizado en colaboración coa Oficina de Turismo de España en París, no que Turismo de Galicia desenvolverá más de 50 xuntanzas cos operadores especializados en viaxes corporativas ao tempo que se informará aos visitantes que se acheguen ao evento das da oferta turística galega neste ámbito.

Así, durante este ano, ademais de participar neste Salón Meedex en París, Galicia estará presente en certames como IMEX de Frankfurt ou TTG Incontri en Rimini, así como a nivel nacional na feira EIBTM de Barcelona. A iso hai que engadir a asistencia de Galicia a workshops especializados en convencións e incentivos, como ConfecRed e The Meetings Space Spring (mercado británico), Ace of Mice, TTG Italia Rd Show (mercado italiano), Full Contact (mercado italiano), The Meeting Space Autum (mercado francés).