
A directora de Turismo de Galicia destacou,
durante a súa intervención, que a gastronomía se converteu nun recurso
fundamental para o destino Galicia xa que, segundo indicou, constitúe a segunda
motivación pola que os turistas elixen viaxar á nosa comunidade. "A
gastronomía e o enoturismo son parte moi relevante na oferta diferencial do
destino, xa que complementan a experiencia turística dos viaxeiros e mesmo
constitúen o motivo fundamental da viaxe de boa parte dos turistas que recibe
Galicia", afirmou Nava Castro.
Galicia conta con máis de trinta produtos recoñecidos co
distintivo de Indicación Xeográfica e cinco Denominacións de Orixe vinícolas,
12 restaurantes con Estrela Michelin e 26 restaurantes que atesouran 37 Soles
Repsol así como máis de 300 festas enogastronómicas.
O restaurante galardoado nesta edición, o
restaurante Lhardy de Madrid, é un dos primeiros e máis antigos restaurantes de
Madrid. Este establecemento que abriu inicialmente
como unha pastelaría, pouco a pouco, foi evolucionando ata converterse nun
restaurante cheo de historia e beleza.