Unha
delegación da Directiva de Hostalería Compostela, encabezada polos seus presidentes,
Sara Santos (Hospedaxe) e Antonio Riveiro (Restauración), foi recibida polo presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, para tratar asuntos
relacionados co sector turístico e hostaleiro en Santiago e Comarca. Na xuntanza abordaron diversos temas vitais para o futuro do turismo de
Compostela.
Durante
esta reunión, Diego Calvo comprometeuse a apoiar
algunhas das accións de promoción turística propostas polos empresarios para
mellorar a información que o turismo recibe de todos os establecementos
asociados de Hostalería Compostela e da oferta complementaria
e cultural que hai na cidade. Tamén abordaron a necesidade de mellorar a
sinalización dos establecementos turísticos e a importancia da formación para
manter os altos niveis de calidade e de satisfacción dos clientes que visitan o
noso destino.
Con
esta xuntanza, Hostalería Compostela e a Deputación da Coruña queren abrir unha
nova etapa nas relacións entre o colectivo empresarial e a institución
provincial, polo que se comprometeron a seguir traballando conxuntamente para
mellorar as perspectivas do sector turístico, a través do desenvolvemento de
accións conxuntas de promoción, mellora da calidade
do servizo e facilitando unha información máis completa e actualizada da
extraordinaria oferta gastronómica e de aloxamento, de lecer, cultura e
patrimonio dispoñible na cidade para os turistas.