Turismo de Galicia, a través do Centro
Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), participa na Conferencia International
Hospitality Research en Suíza. O encontro celébrase dende hoxe, xoves 23, ata
maña, venres 24 de abril, no Hospitality Tourism Management Institute en
Soerenberg, un dos máis prestixiosos centros dedicados á educación na xestión
hoteleira e o turismo en Suíza.
Nesta
conferencia internacional, que celébrase cada dous anos, son invitadas as máis
prestixiosas universidades e escolas de hostalería de todo o mundo. Nesta
ocasión, o Centro Superior de Hostelería de Galicia participa xunto coa
Universidade do Ulster, de Reino Unido, e a Steinbeis University Berlin, de
Alemaña.
Así, a
directora do CSHG, Patricia Cuevas, impartirá unha conferencia titulada “Futures,
Predictions and Education” que versará sobre as tendencias futuras e modelos
educativos nos programas académicos de hostalería.
Ademais, o
Centro Superior de Hostelería de Galicia organiza un taller específico para
alumnos da escola suíza sobre habilidades e competencias que deben desenvolver
os futuros líderes na hostalería.