
Ademais, o ex-xogador de baloncesto non estará
solo nesta experiencia, que seguro marcará a súa vida, senón que o
fará acompañado de diferentes personalidades do ámbito do deporte e da política
cos que compartirá a súa andadura. O proxecto “El Camino acaba en Obradoiro” dará a coñecer a Ruta Xacobea e os
seus valores nos Estados Unidos, o terceiro país estranxeiro de onde chegan
máis peregrinos.
O proxecto ten un fin solidario xa que todos os
beneficios xerados irán destinados á asociación “Boys & Girls Clubs of
Portland Metropolitan Area”, que axuda aos nenos da zona ofrecéndolles un lugar
seguro, divertido e limpo para ir cando non están na escola; e á creación da
“Beca Terry Porter” a través da fundación Heracles que apoia ás familias máis
desfavorecidas a través do baloncesto.