Cabina Tren Hotel |
Xa están
dispoñibles os billetes para viaxar o próximo mes de agosto no Tren do
Peregrino, unha das novidades do programa ‘Galicia a todo tren’ que
Turismo de Galicia promove en colaboración con Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento
Económico (Inorde). Trátase dun
trenhotel que realizará catro saídas de cinco días -catro noites- ao longo do
mes de agosto a Galicia, en concreto os días 6, 13, 20 e 27.
O Tren do Peregrino
sairá de Madrid con destino Santiago de Compostela onde chegará tras percorrer
un traxecto do Camiño que abrangue tres etapas que os viaxeiros poderán facer a
pé ou na súa bicicleta, coa que poden viaxar a bordo.
Dende a estación na
que o tren se detivese ata o lugar onde se inicia a etapa da Ruta Xacobea os
viaxeiros serán trasladados nun autobús que os acompañará no seu traxecto para
os desprazamentos que sexan necesarios.
Esta nova opción
que vivir a experiencia única que supón o Camiño de Santiago, inclúe o
aloxamento nunha cabina de Gran Clase con baño completo, os almorzos e dúas
ceas que se servirán a bordo do tren a primeira e a última noite da viaxe. Así
mesmo unha selección de excursións, actividades e visitas culturais completan a
viaxe.
O concepto do Tren
do Peregrino responde ao dun hotel en movemento que dispón de cuartos con baño
completo para pasar a noite, un coche cafetaría, dous coches restaurante e
outro coche máis acondicionado para o ocio ou os faladoiros.