A Consellería do Medio Rural e do Mar
convocará proximamente unha orde de axudas para os produtores que participen
nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos de
calidade diferenciada, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) para
Galicia. Estas axudas van dirixidas aos produtores primarios inscritos en
denominacións de calidade, mediante a contribución ao financiamento dos custes
fixos que esta participación ocasiona. A Xunta destinará a esta convocatoria un
total de 800.000 euros, para unha axuda cuxa contía poderá chegar ao 100% dos
gastos realizados, cun teito establecido.
Así o lembrou a conselleira do Medio Rural e
do Mar, Rosa Quintana, no transcurso da clausura da VI edición do Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade – Vinis
Terrae, na que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense,
Rogelio Martínez, entre outras autoridades.
Por outra parte, Rosa Quintana participou esta
mañá na presentación da nova páxina web da Estación de Viticultura e Enoloxía
de Galicia (Evega), que está dispoñible no enderezo http://evega.xunta.gal/.